Data e prazas para a elección do destino definitivo no proceso selectivo do subgrupo C1

Segundo informacións da Dirección Xeral de Función Pública, vaise colgar na web da Xunta de Galicia a data prevista e prazas da elección de destino definitivo dos aspirantes que superaron, en virtude da Orde do 29 de setembro de 2017, o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 modificado pola Orde do 12 de novembro de 2015.