O calendario de xuntanzas da CSIF, xa na web do Herald Toupeiras

A partir deste mes, seguindo a nosa aposta por unha maior transparencia e por aportar unha información máis completa aos empregados públicos sobre os temas que lles incumben, colgamos na nosa web do Herald Toupeiras as convocatorias das xuntanzas da Administración Xeral da Xunta de Galicia cos sindicatos. Neste espazo de quendas poderanse consultar as datas, os horarios, os temas a abordar e a información complementaria de interese.

Esta é unha área creada específicamente con este fin  ➡  Calendario de Reunións e Actividades.

Aproveitamos para darvos as grazas por convertir a nosa web no portal informativo de referencia dos empregados públicos da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde a súa renovación o ano pasado. Neste 2017 xa case duplicamos visitas e visitantes respecto ao 2016, así como o número de novas consultadas por cada persoa que entra na nosa páxina web.

Na CSIF seguimos traballando día a día por mellorar as nosas canles de comunicación. Lembramos que se nos pode seguir tamén en: