Nota informativa sobre a reunión da comisión de seguimento do acordo para o persoal veterinario (13/12/2017):
– Proposta de anexo ao acordo co establecemento do réxime de prestación dos servizos veterinarios oficiais na Consellería do Mar:
CSIF non ten obxección ao texto que se nos presenta e considérase como un bo punto de partida ao que se lle deberán aplicar todas as melloras que se consigan na negociación global do acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia.
– Proposta de modificación de determinados apartados do réxime de prestación dos servizos veterinarios oficiais de Saúde Pública:
CSIF considera inadmisible a proposta, que se nos presenta, por empeorar as condicións laborais do persoal veterinario desta conselleria.
O D.X. de Función Pública acepta a apertura dun prazo de alegacións co obxecto de presentalas antes de convocar a próxima reunión.
Con respecto ao listado de temas plantexados na anterior reunión da Comisión, dende Función Pública avanzan o seguinte:
– Decreto de funcións do persoal veterinario: Están a traballar nel, tomando como base o borrador existente.
– Irregularidades detectadas na aplicación PORTAX, referidos a tempos recoñecidos: comprobaron que a información está toda no sistema pero existen problemas na visualización nunha das pantallas de acceso, que se solucionará en breve.
– Recoñecemento de pluses salariais de penosidade, perigosidade e toxicidade nas tarefas de campo: trataranse no momento que se traballe na RPT que corresponda.
– Postos de veterinarios que son nivel 22 e deben pasar a nivel 24 e a súa consideración como persoal inspector: sinalan que non está prevista a reclasificación destes postos.
Por outra banda o representante da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio informa que se incrementarán plazas de veterinarios, feito que se reflectirá na próxima RPT, co obxecto de cubrir as novas competencias.
– Desenrolo de protocolos de actuacións fronte alertas sanitarias nas distintas Consellerías: Informan que están traballando neste tema.
– Procesos selectivos: O D.X. de Función Pública sinala que non é posible ampliar as prazas de veterinarios, porque sólo é posible acumular as ofertas nos procesos que non están convocados. O primeiro exame tería lugar o primeiro trimestre do ano 2018 e o tribunal sería nomeado nunhas semanas.
Con respecto aos procesos de consolidación, sinalan que se tratarán na Comisión que lle corresponde.
- Consultade aquí ➡ Proposta de modificación