Convocatoria de actividades formativas da EGAP para empregados públicos. Finaliza o prazo o 15.02.19

Convocatoria de actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

QUEN PODE ACCEDER?

O persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar (…)

NUMERO E PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES?

O número máximo de solicitude de cursos que se poden solicitar para esta convocatoria é de cinco (5).

O prazo remata as 23:55 horas do 15 de febrero de 2019

ANEXO ACTIVIDADES:

  • Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
  • Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios
  • Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades
  • Lingua galega
  • Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
  • Convenios TIC- Amtega: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
  1. Presidencia da Xunta de Galicia: Secretaría Xeral para o Deporte
  2. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Servizo de Prevención de Riscos Laborais
  3. Consellería de Facenda
  4. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
  5. Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
  6. Consellería de Economía, Emprego e Industria: Economía, Emprego e Industria
  7. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
  8. Consellería de Política Social
  9. Consellería do Mar
  10. Consellería de Sanidade
  11. Consellería de Cultura e Turismo

NOTA: Os cursos de igualdade e violencia de xénero, ofimática, idiomas, o programa de autoformación e os referidos ao 2º semestre, serán obxecto de convocatoria independente.

Preme aquí para acceder a convocatoria