Visto para sentenza o conflito colectivo sobre a DTª10 do V convenio do persoal laboral

  • Onte, 23 de maio, quedou visto para sentenza no TSXG o conflito colectivo sobre a DTª10 do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
  • Despois de 10 anos nos que CSIF leva defendendo a igualdade de trato nos procesos de consolidación, o TSXG volverá a estudar a mesma pretensión.

Os traballadores que estivemos alí presentes levamos unha sorpresa maíscula e unha total incredulidade na sede xudicial, pois:

  1. UXT, CIG e a CUT non comparecen, deixando claro a súa preocupación e a súa defensa respecto do persoal laboral da Xunta de Galicia.

¡¡Máis do mesmo, o de sempre: moito ladrar …. Nada que dicir, su señoría!!

  1. A CNT pide como segunda súplica que se declare nula a 2ª parte do proceso, baseándose nun informe dun catedrático que se aporta simplemente a título ilustrativo, sendo precisamente o persoal afectado pola 2ª parte o persoal sobre o que se pide a igualdade de trato, e dando pé a que este persoal non sexa discriminado, simplemente porque con esta pretensión podería quedar sen dereito á consolidación.

¡¡ Simplemente kafkafiano!!

  1. Os Servizos xurídicos de CCOO defenden diante do tribunal a mesma pretensión que leva postulando CSIF todos estes anos , namentres que sindicalmente, tanto nas mesas de negociación como nos órganos de representación, seguen asinando e defendendo todo o contrario.

¡¡ Veño cos da feira e marcho cos do mercado!!

  1. A letrada da Xunta de Galicia tamén defende que o proceso non está ben, pero que o motivo non debe ser a discriminación existente, senón a ilegalidade do proceso regulado para os traballadores da 1ª parte, que non é axustado á Lei. É dicir, a propia representante da Xunta considera que a DTª10 que o goberno asinou é manifestamente ilegal.

¡¡ Sen palabras. Estilo J.M. Barreiro!!

  1. Por último, o ministerio fiscal defendeu a legalidade deste proceso, defendendo que non existe discriminación algunha.

¡¡ Que vai dicir, diante de semellante percal !!

En definitiva, trátase dunha broma de moi mal gusto, no que a Administración e o resto de axentes sociais está a facer para con estes traballadores.

Dende CSIF, mantivemos e manteremos o mesmo criterio e seguimos esgrimindo os mesmos motivos xurídica e sindicalmente que xa defendéramos no 2008, é dicir, a igualdade de trato destes traballadores nun único proceso, pedindo o mesmo beneficio para todos os traballadores e sen que resulte prexudicado ningún colectivo. Por suposto, non nos adherimos á súplica subsidiaria da CNT porque unicamente solicitaba a nulidade da 2ª parte, o que podería supoñer un gravoso empeoramento das condicións destes traballadores. O dito, quedámonos sen palabras!!