A vicepresidencia cumpre os compromisos acadados con CSIF.
Hoxe día 12 de xuño, comezaron as negociacións entre a Vicepresidencia da Xunta de Galicia e os Sindicatos para, conforme ao compromiso previo que se tiña acordado entre CSIF e a Vicepresidencia, incluír aos Condutores do Grupo IV, categoría 16 e Grupo III, categoría 63 no Subgrupo C1 no proceso de funcionarización
Non obstante compre resaltar que existen dos condicionantes importantes.:
- Para aqueles traballadores do Grupo IV que non teñan a titulación requirida para acceder ao Grupo C1 (bacharelato Superior ou equivalente), estase a traballar nunha solución de carácter formativo, coa participación da Consellería de educación, cara a soslaiar dito problema.
- No que atinxe a esixencia do “carné de conducir” necesarios para acceder a dito Corpo ou Escala, aínda non esta fixada a postura definitiva por parte da Xunta.
De todos os xeitos a recomendación que se fai dende CSIF é que os traballadores que non posúan os carnets C+E, intenten acadalos coa maior celeridade posible.