Información do horario de verán 2019

Horario de verán, período de aplicación do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos os dous
inclusive):

Horario oficial:

Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será
en cómputo diario.

Horario flexibilidade automática:

Do 16 de xuño ata o 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de
traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.

Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda
da primeira quincena do mes de xuño. O tramo horario de compensación será de 8:00 a
15:00 horas.

Horario flexibilidade conciliación:

Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas de traballo diarias na franxa
horaria autorizada pola Secretaria Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade
por conciliación. O cálculo do cumprimento da xornada laboral, será en cómputo mensual.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda
da primeira quincena do mes de xuño.

Horario reducción de xornada de traballo diaria:

Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberá realizarse diariamente dentro da franxa horaria
autorizada polo órgano de persoal correspondente para a concesión desa reducción de
xornada o tempo de traballo que se determine mediante a seguinte fórmula:

0.80 x XR*

*XR = no de minutos traballados diariamente en xornada reducida