Unión sindical en defensa dos traballadores de Política Social e contra os abusos da Conselleira.

CSIF, CIG, CCOO e UGT anuncian mobilizacións en defensa dos dereitos dos traballadores de Política Social.

Con data de hoxe, as catro Centrais Sindicais máis representativas da Función Pública galega presentaron un escrito conxunto ante a Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, esixindo:

  • A retirada da proposta de instrución sobre desfrute das vacacións, e o mantemento do establecido nas normas xerais de aplicación vixentes.
  • A apertura inmediata dunha mesa de negociación para abordar a recuperación dos dereitos suspendidos dende o ano 2012.

Así mesmo, CSIF, CIG, CCOO e UGT anuncian  mobilizacións ata que a titular da Consellería de Política Social non recapacite nas súas pretensións de seguir abusando e desprezando ao seu persoal.

Consulta aquí a Táboa Reinvidicantiva Política Social

Descarga aquí o Cartaz