Os traballadores de Política Social concéntranse en todos os centros de traballo en defensa dos seus dereitos laborais e como protesta polo desprezo manifestado contra deles pola súa Conselleira, Fabiola García
Os centros de atención directa a usuarios (residencias de maiores, centros de menores, centros de atención a discapacitados, centros residenciais, etc….), foron duramente afectados pola crise sanitaria do coronavirus pola súa especial vulnerabilidade tanto polas persoas usuarias as que prestan servizo como polo persoal traballador que conviven nos mesmos.
Nos centros de menores, centros de atención a discapacidade ou residencias de maiores de maiores dependentes da Consellería de Política Social, todo o persoal actuou desde o primeiro momento con máxima dedicación, compromiso para intentar frear a afección da pandemia, mentres polo contra a Consellería mantivo unha actitude impositiva e autoritaria cercenando os dereitos laborais.
Así modificou unilateralmente as súas condicións de traballo coa imposición de quendas longuísimas (12 horas/dia durante 7 dias consecutivos), traslados forzosos a centros de titularidade privada xustificándoo na necesidade de aportar solución na emerxencia social e sanitaria e non asegurou debidamente a saúde e seguridade dos traballadores/as pola falta de material de protección suficiente e adecuado (EPI, mascaras, pantallas, batas, xeles, etc….).
As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, esiximos:
– Unha aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade
– Incremento de prazas públicas e de xestión directa
– A posta en valor do traballo e o esforzo realizado durante a situación de emerxencia sanitaria coa a compensación en dias adicionais de descanso e a mellora das condicións laborais.
– Recuperar a compensación por festivos e domingos traballados.
– A redución da xornada máxima anual.
– A transformación de tódolos contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa.
Por tanto diante deste atropelo continuado contra o persoal dos centros de atención directa a usuarios, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, vimos esixímoslle á Conselleira de Política Social, Fabiola García, a apertura dunha mesa de negociación para recuperar os dereitos arrebatados no ano 2012, así como a retirada inmediata do borrador de instrucións de vacacións que pretende impoñer.
Ata que non se produza esa interlocución e negociación, comezamos un calendario de mobilizacións e accións de protesta de cara a defender as reivindicacións laborais do persoal empregado público que traballa nos centros de atención directa a usuarios, dependentes desta consellería.