Reunión coa Secretaria Xeral Técnica de Política Social e o Xerente do Consorcio de I+B

Contratos de fin de semana, compensacións por traballar domigos e festivos, persoal do Consorcio de I+B, tomas de posesión de Promoción Interna e outras informacións

Apertura dos Centros de Política Social.

CSIF pregunta cando abriran os centros sociocomunitarios, escolas, infantís, etc.

A Secretaría Xeral Técnica resposta que non poden concretar a data.

Vacacións e redución de xornada

CSIF solicita que non conten as X para as vacacións e que se aplique a redución horaria de verán, acumulada en dias de descanso.

A Secretaría Xeral Técnica resposta que a proposta que fixeran das vacacións era para que non contaran as X pero que, ao ser retirada, se volvese ao sistema de sempre.

Non obstante e logo de debater o tema, manifestan que o van a estudiar.

Con respecto á redución de xornada de verán, afirman que supón un incremento de gasto que non poden asumir.

Transformación de contratos de fin de semana en xornada completa.

CSIF solicita que as prazas de fin de semana se transformen en xornada completa e que se doten aos centros do persoal necesario, toda vez que se incrementou a carga de traballo e unha vez que retire ao persoal de reforzo os centros quedarían deficitarios de persoal.

A Secretaría Xeral Técnica resposta que as prazas de fin de semana non se transforman a xornada completa, toda vez que nin as direccións dos centros nin as Xefaturas Territoriais o solicitaron xa que non o ven necesario.

Sí se fixo a dita transformación nos casos nos que así foi solicitado.

CSIF insiste en que na provincia de Lugo, a Xefatura Territorial afirmou que era a Secretaría Xeral Técnica a que non permitía converter as prazas de fin de semana e media xornada en xornada completa.

A Secretaría Xeral Técnica resposta que vai poñerse en contacto coas Xefaturas Territoriais para cotexar datos para ver as necesidades reais.

En canto aos contratos de reforzo, manifestan que se poderían seguir facendo cos acúmulos necesarios.

Compensacións económicas por traballar os domingos e festivos.

Dende a CSIF reprochamos que a promesa realizada pola Secretaría Xeral Técnica no pasado mes de xullo, relativa á compensación económica por traballar os domingos e festivos non chegou a materializarse.

A Secretaria Xeral Técnica excúsase aducindo que a proposta fora rexeitada.

Dende a CSIF recordámoslle que a negociación desa proposta se lle encomendara ao Director Xeral de Función Pública e que non saíu adiante por unha manifesta falta de vontade de negociación por parte da Administración.

Penalización das listas do Decreto 37/2006

CSIF pide a despenalización das listas do Decreto 37/2006 nas categorías de Enfermeira e Auxiliar de enfermaría xa que non hai suficiente persoal para cubrir as vacacións de verán, ante a posibilidade de que sexan denegadas.

A Secretaria Xeral Técnica resposta que van citar a xente penalizada, así como que van facer chamamentos de novas incorporacións ás listas, aínda que nos sexan definitivas.

Tomas de posesión dos procesos de Promoción Interna

CSIF pregunta cando está prevista a toma de posesión dos traballadores que superaron os procesos selectivos de Promoción Interna nas categorías de Camareiras e de Auxiliares de enfermaría, toda vez que os procesos xa están rematados e xa transcorreron tres anos dende o inicio dos mesmos. Así mesmo, se descoñecen os postos que se van ofertar.

A Secretaria Xeral Técnica resposta que o mirarán. Pero que a Dirección Xeral de Función Pública aínda non lles solicitou as prazas vacantes existentes e non saben cales se van ofertar.

Persoal o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar.

CSIF pregunta pola incorporación do persoal  en centros pechados do Consorcio de I+B. Nas escolas Infantís está acudindo algún persoal a limpar e colocar carteis, pero sen terse establecido ningún criterio xeral.

CSIF esixe que por parte da Secretaría Xeral se poña fin á tremenda desorganización e falta e criterio na actuación do Xerente do Consorcio de I+B

A Secretaría Xeral Técnica resposta que acaba de ser coñecedora de esta situación e que solo tiña constancia da apertura das Escolas Infantís para recoller solicitudes de matrículas.

Afirman que se están a elabora uns protocolos para todos os centros de Política Social e que, unha vez visados polo Comité Clínico, serán remitidos ás organizacións sindicais.

Con respecto a albergues e campamentos, están valorando a súa posible apertura no mes de xullo.

Formación sobre a Covi-19, dotación de EPI’s, etc.

CSIF pregunta sobre a formación de PRL relativa á COVI-19, EPI’s dos traballadores de nova incorporación ós centros

A Secretaria Xeral Técnica resposta que a persoa encargada de formar e informar ós traballadores será o/a responsable de cada departamento respectivamente, e no caso do Consorcio serán os directores dos centros