Novas de Función Pública: Adianto Informativo da reunión celebrada co Director Xeral de Función Pública o día 30 de setembro de 2020
Segundo acaba de confirmar o Director Xeral de Función Pública nunha reunión celebrada no día de hoxe, aínda non hai datas previstas para a realización dos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda.
Todo isto a excepción dos procesos de funcionarización previstos para os días 3 e 4 de outubro, dos que si mantén a previsión da súa realización; así como aqueles xa iniciados e aos que únicamente lles falta realizar o terceiro exercicio e nos que están convocados un número inferior a 50 aspirantes.
En canto a un cronograma de celebración dos primeiros exercicios para os que xa foi nomeado tribunal, o Director Xeral de Función Pública afirmou que, “nestes tempos de incerteza é imposible adiantar nada”. Aínda así, comprometeuse a facilitar ás organizacións sindicais unha previsión máis concreta durante a proxima semana.
En todo caso, a celebración de calquera proceso será anunciada ás organizacións sindicais cun mes de antelación, anuncio que non terá lugar en ningún caso antes do un de outubro.
Tampouco se descarta que, chegado o momento, os procesos selectivos se realicen simultaneamente en varias localidades.
Por parte da CSIF, mantemos a postura de que, en tanto se manteña a situación de crise sanitaria, sería unha irresponsabilidade con consecuencias imprevisibles o non decretar a suspensión cautelar de todos os procesos selectivos.
En breve darase información sobre o resto do contido da reunión