Alegacións da CSIF ao borrador de Acordo sobre teletraballo na Administración da Xunta de Galicia

No escenario derivado da Covid-19, a Xunta de Galicia ten que redefinir un novo modelo de teletraballo, facilitando fórmulas de conciliación familiar e que garantan ao mesmo tempo o desenvolvemento eficaz do servizos públicos.

Na Administración Xeral da Xunta de Galicia, durante o período de Estado de Alarma, o teletraballo demostrou ser unha ferramenta totalmente útil e eficaz. A Administración foi capaz de subministrar nun tempo récord os medios tecnolóxicos para facilitar o traballo remoto a milleiros de empregados públicos, quedando comprobado que esta nova forma de organización do traballo é eficaz e eficiente para garantir o cumprimento dos servizos públicos.

Do mesmo xeito, o teletraballo supuxo un salto cualitativo no que se refire a conciliación da vida familiar e laboral, perfectamente compatible coa prestación duns servizos públicos de calidade á cidadanía.

A situación sanitaria que se está a vivir a nivel mundial como consecuencia da Covid-19 ten, segundo todos os indicadores científicos, vocación de permanencia alo menos durante os anos vindeiros. En consecuencia, a normativa reguladora do teletraballo, como forma de organización do traballo, tense que adaptar necesariamente ao contexto sanitario, actual e futuro.

A regulación do teletraballo tense que acomodar a unha situación sanitaria anómala onde, necesariamente, toda norma laboral ten que ter en conta as esixencias excepcionais de prevención e control da Covid-19, así como a preservación da saúde dos traballadores e as súas familias.

Por isto, a Administración da Xunta de Galicia non pode pretender de ningún modo regular a prestación de servizos na modalidade de teletraballo como “si aquí non pasase nada” e como si a situación actual fose a mesma que a anterior a marzo de 2020.

Pola contra, a dita regulación tense que orientar a unha implantación xeneralizada do teletraballo como forma ordinaria de organización do traballo. E facerse da maneira menos restritiva posible.

Neste novo escenario derivado da pandemia da Covid-19, a Administración da Xunta de Galicia ten que redefinir un novo modelo de teletraballo con medidas que melloren a organización, facilitando fórmulas de conciliación familiar, e que garantan ao mesmo tempo o desenvolvemento eficaz do servizos públicos. Pero, en ningún caso, baixo a premisa do desenvolvemento eficaz do servizo público, se poden amparar restricións arbitrarias para limitar inxustificadamente o teletraballo a gran parte dos empregados públicos.

E en tal sentido van orientadas estas primeiras alegacións da CSIF ao borrador facilitado pola Dirección Xeral de Función Pública. Elo sen prexuízo das que se poidan ir incorporando durante o proceso de negociación.

As ditas alegacións fanse sobre a base do mesmo documento facilitado, significando en cor vermella as emendas e incorporacións que se formulan pola CSIF.

Consulta aquí as Alegacións