Proceso selectivo para personal funcionario da Lei 17/1989

CSIF solicita a paralización do proceso selectivo ata a aprobación do novo Real Decreto-Ley de temporalidade.

Na Mesa Sectorial de Funcionarios, celebrada o pasado 27 de outubro de 2021, CSIF solicitou a paralización do concurso oposición para o ingreso en diversas clases de personal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro.

Así, e tal como xa solicitou na Mesa Xeral de Empregados Públicos celebrada o pasado 15 de outubro, con motivo da Lei de orzamentos para o ano 2022, a CSIF volveu a exixir ao goberno galego a suspensión da convocatoria de novos procesos selectivos, así como da resolución dos que xa están en marcha. E elo ata que non sexa aprobado polo goberno español o novo Real Decreto-Lei que regule a temporalidade.

De non facerse así, poderíase causar un prexuízo grave, ademais dunha discriminación, aos traballadores desta Administración que están en situación de temporalidade.

A petición da CSIF non foi antendida pola Xunta de Galicia, nin  tampouco foi  aopiada por ningún dos restantes sindicatos mais representativos da función pública galega (CIG, CCOO e UGT)

Consulta aquí as Bases da convocatoria