A reunión terá como obxecto negociar o baremo da lei 20/21
A Dirección Xeral de Función Pública, a preguntas prantexadas por CSIF, vén de informar que convocará ás organizacións sindicais para o próximo xoves día 28, co fin de negociar o baremo da lei 20/21.
Asemade, comprometeuse a que entre xullo e setembro se intentarán completar as baremacións dos procesos de concurso-oposición pendentes. Tamén dentro do período estival, abordará a negociación da «carreira administrativa».
Sobre os procesos selectivos onde queden vacantes por existir aprobados dobres, é dicir, aspirantes que aproban por turno libre e por promoción interna, Función Pública respostou que se fará unha relación complementaria de aprobados para evitar prazas desertas.