A inflación manterase cerca do 5% ate 2025, segundo a OCDE

Estas previsións evidencian aínda máis o vergoñento acordo asinado entre os sindicatos de clase CCOO e UGT e o goberno sobre os salarios dos empregados/as públicos.

Malia que grazas á multitudinaria mobilización de CSIF en Madrid o pasado 24 de setembro, o goberno tivo que sentarse a negociar; finalmente, o acordo posto enriba da mesa, que si aceptaron CCOO e UGT, foi claramente insuficiente e empobrece aínda máis aos empregados/as públicas. 

Segundo os dados coñecidos estes días pola OCDE respecto á  inflación en España, está previsto que esta se manteña cerca do 5% alomenos ata 2025, unhas previsións que desmerecen máis se cabe o acordo asinado, pois a suba pactada a 3 anos nin siquera cubre o IPC de 2022.