Publicadas no DOG nº111, do 13 de xuño de 2023, as Listaxes Provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso nas categorías do SPIF de persoal laboral da Xunta.
- As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal
- As persoas aspirantes excluídas + As persoas que non figuren en ningunha das listaxes + Aquelas persoas que non acreditaron estar en posesión do Celga requirido, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación destas resolucións no DOG, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión ou acreditar que posuían o CELGA ou a súa equivalencia debidamente homologada antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo.
- Poñemos ao voso dispor, nos seguintes enlaces, as listaxes completas das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como a acreditación de estar en posesión do CELGA requirido e que, por tanto, están exentos da realización da proba de coñecemento de lingua galega.
QUENDA DE ACCESO LIBRE
Bombeiro/a Forestal Xefe de Brigada SPIF (III-100) ⇔ III-100 BFXB CO list prov adm
Bombeiro/a Forestal Conductor/a Autobomba SPIF (IV-033) ⇔ IV-033 BFMB CO list prov adm
Vixilante Fixo/a (V-10B) ⇔ V-10B VIX CO list prov adm
Emisorista (V-10C) ⇔ V-10C EMI CO List prov adm
Bombeiro/a Forestal Condutor/a (V-14A) ⇔ V-14A BFC CO list prov adm
Bombeiro/a Forestal (V-014) ⇔ V-014 BF CO list prov adm