Convocatoria Mesa Sectorial de Funcionarios: unidade móbil especializada de axentes forestais e RPT da consellería de Presidencia

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Funcionarios o próximo luns 18 sobre o Acordo de creación dunha unidade móbil especializada da escala de axentes forestais e medio ambientais e a RPT da consellería de Presidencia.

ORDE DO DÍA

  • Acordo para a creación dunha unidade móbil especializada da escala de axentes forestais e medio ambientais ⇔ ACORDO_BRIGADA_MOBIL_FORESTAIS
  •  Modificación da RPT de Presidencia da Xunta ⇔ MOD RPT PR

*Estes asuntos irán a Comisión de Persoal o próximo mércores 20, que engade un punto máis á orde do día:

  • Dar conta da modificación da RPT da Consellería de Facenda aprobada na Comisión do pasado 22 de novembro ⇔MOD_RPT_FACENDA