Convocatoria Mesa Sectorial de Funcionarios: acceso a graos I e II á carreira administrativa para o persoal funcionario

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Funcionarios o próximo mércores 20 para debatir a proposta de acordo para o acceso aos graos I e II de acceso á carreira administrativa para o persoal funcionario.

Orde do día:

Proposta de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e ll do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, para o persoal funcionario ⇔ Acordo convocatoria funcionarios 2023