Convocatoria de Mesa Sectorial: Bases de convocatoria de concurso específico de funcionarios de carrera

Función Pública vén de convocarnos a unha reunión da mesa sectorial de funcionarios para o próximo venres 31 de xaneiro sobre as bases de convocatoria de concursos específicos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de carreira incluído no ámbito de aplicación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.

Orde do día

Proposta de Resolución, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba o modelo de bases de convocatoria de concursos específicos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de carreira incluído no ámbito de aplicación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.

Documentación ⇔ BORRADOR BASES CONCURSO ESPECÍFICO xeral