Dámosvos conta do resultado da Comisión de persoal celebrada onte dia 6, na que se votaron as RPTs da consellería de Educación e de Funcionarización, e tratáronse varios temas dos que Función Pública simplemente nos «dá conta».
– Modificación das bases da convocatoria, da Resolución do 15 de decembro de 2023, para a adquisición da condición de persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares técnicos da Administración especial , subgrupo C2, do persoal Laboral fixo pertencentes aos grupos IV e V, do V Convenio colectivo Único do persoal Laboral da xunta de Galicia.
O que se plantexou neste punto foi dar a opción aos aspirantes que figuran na lista definitiva de admitidos/excluídos, que tivesen a titulación de Auxiliar de Clínica, poder funcionarizarse nesa escala. Explícasenos que é consecuencia da modificación do Decreto, no que se establecían unhas correspondencia entre categorías de laborales e funcionarios e froito desa modificación dáse un prazo de 15 días para que se poda facer a solicitude contado dende o dia seguinte ao da publicación no DOG.
Puntos obxecto de votación polas Organizacións Sindicais:
1.- Proposta de modificación da RPT da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Aínda que entendemos que a modificación ven obrigada pola necesidade de adaptación da Consellería ao Decreto de Estrutura, non podemos estar de acordo coa destrución de emprego proposta (Amortización de 28 postos e creación de 12).
A Modificación aprobouse co Voto en Contra da CSIF.
2.- Proposta de modificación da RPT do proceso de funcionarización e clasificación de postos da Administración Especial.
Como xa manifestamos na Mesa Xeral estamos de acordo coas Recalificacións propostas e solicitamos se se cumpran sempre as Sentencias Xudiciais coa premura coa que se fixo nesta.
A proposta aprobouse co Voto a favor da CSIF.
