Reunión previa de modificación da RPT da Consellería de Sanidade

Por parte da Consellería nos explican que a Modificación responde á Adaptación da Consellería ao Decreto de Estrutura da Xunta de Galicia, que supón por una parte a recodificación dun importante número de postos e por outra unha serie de cambios de adscrición, como os do persoal subalterno e dos condutores que pasan a depender da Secretaría Xeral Técnica da Consellería. Indica tamén que as Xefaturas de Sección da Lei 17/89 se abren de A1 a A1/A2 para facilitar que sexan cubertas e da creación dunha praza de Letrado N-26 no Servizo Galego de Saúde.

Pola nosa banda démoslle a coñecer varios erros que detectamos nos listados enviados:

  • Un posto de Xefe de Servizo de Servizos Periféricos ao que non se lle aplicou a apertura a A2.
  • Nas prazas de analista de laboratorio do Laboratorio de Saúde Pública de Lugo, había un erro nas contías dos Complementos Específicos, erro xa detectado pola Consellería que foi debido a un problema coa aplicación informática, como nos informaron.
  • Amosamos a nosa oposición a que as prazas de Xefaturas de Servizo Nivel-28 se cubran polo procedemento de libre designación e non o de concurso específico, como debería ser. A resposta da Consellería foi que os postos de nova creación (os que se implementan nesta modificación) son de CE mentres que os que son LD xa estaban así na RPT.
  • Opuxémonos as amortizacións das prazas propostas xa que supón unha redución da masa salarial coa que non podemos estar de acordo. Dende a Consellería inciden en que os postos a amortizar son Vacantes Puras.
  • Por último transmítennos a necesidade de facer unha xuntanza “a futuro” para revisar o Acordo de Veterinarios e poder facer unha modificación deste colectivo na RPT da Consellería. Neste punto CSIF esixirá que se revise, igualmente, o Acordo sobre dispoñibilidade horaria do Persoal farmacéutico Inspector de Saúde Pública (FISP).