Concurso de traslados: Profesores e mestres de taller de institutos politécnicos náutico-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira; e arqueoloxía, restauración, delineantes, arquivos, bibliotecas e museos

Información da Mesa Sectorial de Funcionarios da Administración Xeral da Comunidade Autónoma celebrada o día 11 de abril de 2025.

O venres 11 de abril de 2025 celebrouse a Mesa Sectorial de Funcionarios da Admiistración Xeral da Xunta de Galicia, na que se presentaban as propostas de Resolucións para dous Concursos de traslados.

Por unha banda o de profesores e mestres de taller de institutos politécnicos náutico-pesqueiros, e de axentes de extensión pesqueira, e por outra o de arqueoloxía, restauración, delineantes, arquivos, bibliotecas e museos.

Na primeira das propostas, a da Consellería do Mar, presentábanse, inicialmente, 75 postos pero retiráronse 3 a instancias da propia consellería, quedando 72 postos para o concurso.

Na segunda había 171 postos dos que se presentan neste concurso 153 postos. Elimínanse 14 postos, mais 3 da escala superior de restauración (por non existir persoal nesta escala) e tamén 1 de delineante con proposta de amortización.

Dende Emprego Público informan que as listas provisionais de admitidos/excluídos serán publicadas previamente á elección de destino e a acreditación de méritos.

Ademais puntualizan que o grao consolidado deberá solicitarse por cada un dos interesados, para aportalo cando deban acreditar ese mérito. O feito de non facelo de oficio pola administración, debese a problemas de efectividade na xestión coa aplicación informática.