Mesa Xeral: convocatorias de distintos procesos selectivos para persoal do SPIF

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da Mesa Xeral de empregados públicos para o próximo xoves día 12 para tratar as convocatorias de distintos procesos selectivos para persoal laboral do SPIF.

ORDE DO DÍA

Proposta de RESOLUCIÓN pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal) e 14A (Bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia ⇔ Convocatoria V SPDCIF 2025

Proposta de RESOLUCIÓN pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada ⇔ Convocatoria III-100 2025