Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da mesa sectorial de funcionarios o próximo xoves día 10 para tratar a convocatoria de distintos procesos selectivos: para o corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar; outro para o mesmo subgrupo na escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, con varias especialidades; e un terceiro para o corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2, escala de mestres de taller, especialidade de máquinas e producción.
Orde do día e documentación
- Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar ⇔Convocatoria A1 CC do mar
- Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios ⇔ A1 PNNP Varias especialidades
- Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e producción ⇔ Convocatoria A2 MTNP Maquinas e producion
