Información da Mesa Sectorial de Funcionarios da Administración Xeral da Xunta de Galicia celebrada o día 28 de xullo de 2025. RPT da Administración Especial das Consellerías de Medio Rural e Mar e Incremento salarial do 0’5%.
Modificación da RPT da Administración Especial:
1.- Emprego Público recúa na modificación da RPT da Administración Especial.
Na Mesa Sectorial celebrada onte 28 de xullo, a Directora de Emprego Público informou da retirada da proposta de abrir as Oficinas Agrarias a enxeñarías de montes e enxeñería técnica forestal.
Na modificación da RPT propoñíase cambios en 14 postos dos que se retiran 12, os correspondentes as Oficinas Agrarias, manténdose as modificacións nos postos do Centro de Formación e Experimentación Agro forestal “Pedro Marías” de Ribadeo e no de Auditora do FOGGA.
2.- Outras cuestións:
Por outra banda, mantéñense as modificación propostas por Emprego Público para a praza da Xefatura Territorial de Lugo da Conselleria de Medio Rural (corrección dun erro na clasificación existente na incardinación da especialidade dun posto A2), así como a eliminación da clasificación existente a formación específica de Titulo profesional de capitán de pesca, como requisito indispensable do posto Mestre/a de Taller-Especialidade de servizos ao buque) na Escola Naútico Pequeira de Ferrol.
Dende CSIF celebramos a retirada desas 12 prazas e solicitamos unha reunión monográfica na que se nos aclare cal é o plan de Emprego Público e cales os prazos reais para as eleccións de destino e para as tomas de posesión, co obxectivo de dar información ao persoal afectado.
3.- Incremento da suba salarial do 0’5%:
No transcurso da reunión da Mesa Sectorial, dende a CSIF solicitamos novamente información á directora xeral de Emprego Pública acerca do procedemento a seguir para a percepción do incremento do 0’5%, xa que aínda non saíu publicada a modificación da Orde de confección de nóminas e por parte da dirección xeral tampouco se aclara o procedemento que teñen que seguir as persoas empregadas públicas que por diversas causas (xubilación, contratos partidos, cambio de Administración, etc) teñan que solicitar os abonos dos importes correspondentes ao 0,5%.
A directora de Emprego Público limitouse a contestar, unha vez mais, que a estas e a outras cuestións darase resposta en próximas reunións.
