Sindicatos e Consellería avanzan na reorganización das oficinas de emprego tras axustes na RPT

O 15 de setembro de 2025, as catro organización sindicais reunímonos coa Consellería de Emprego Comercio e Emigración para tratar a Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) e a reorganización das oficinas de emprego. A negociaciación continurá o próximo 24 de setembro.

Puntos clave da reunión:

  • Proposta da Consellería: A Consellería mantén a súa proposta inicial de reestruturar as oficinas de emprego. O punto central é a unificación de oficinas e o incremento do nivel dos postos de xestor de emprego de 18 a 20.
  • Acordo polo que se establecen as condición laborais dos postos de Xestor/a de Emprego e de Técnico/a de Orientación e Prospección Laboral nas Oficinas de Emprego: Para aplicar estes cambios na RPT e por esixencia da Consellería de Facenda, debe asinarse un acordo específico coas organizacións sindicais para o persoal das oficinas. Este documento establecerá os prazos para a execución das modificacións propostas e está actualmente aberto a alegacións por parte dos sindicatos.
  • Cambios na proposta inicial: Detectáronse erros que obrigaron á Consellería a facer modificación con respecto á proposta inicial.

En consecuencia, os seguintes postos xa non serán obxecto de amortización:

    • Un posto base C2 en Vigo que está incluido no concurso de traslados polo que non se pode amortizar
    • Dous postos ocupados por interinos de longa duración (un na oficina de Lugo Sur e outro na de Mondoñedo).

Debido a estas correccións, non se poderán crear os seguintes postos:

    • Negociado da Xefatura Territorial de Vigo.
    • Xestor de Emprego nas oficinas de Lugo Sur e Mondoñedo.

A próxima reunión para continuar a negociación está prevista para o vindeiro 24 de setembro.

Consulta aquí o ACORDO 

Categorías RPT