Vimos de ser convocados a unha xuntanza da mesa sectorial de funcionarios para o próximo luns 19 de xaneiro para abordar, entre outros asuntos, a negociación de distintos procesos selectivos para o acceso a distintos corpos do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.
Orde do día e documentación
Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade Bombeiro forestal Xefe de brigada >> Borrador convocatoria B Xefe de Brigada 2026
Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade Bombeiro forestal >> Borrador convocatoria C2 Bombeiro Forestal 2026_
