A Consellería do Medio Rural convocou ás organizacións sindicais con representación no ámbito do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) a unha reunión que se celebrará o vindeiro 29 de xuño.
Entre os asuntos incluídos na orde do día figura a presentación da proposta da Administración para a aplicación progresiva da disposición adicional primeira do Acordo de condicións de traballo do persoal funcionario do SPIF ao persoal fixo descontinuo, cuestión que afecta ao recoñecemento e pagamento dos domingos e festivos deste colectivo.
Desde CSIF informamos ao persoal afectado que pode facernos chegar as súas alegacións por correo electrónico a: galicia@csif.es
PROPOSTA DA ADMINISTRACIÓN 1ª DO ACORDO SPIF AO PERSOAL FIXO DESCONTINUO
