Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou  a resolución coas listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas das axudas do Fondo de Acción Social da Xunta de Galicia.

En total, resolvéronse 1.152 solicitudes, das cales 1.056 resultaron aprobadas e 96 foron denegadas. O importe global das axudas concedidas ascende a 2.184.822 euros.

As persoas interesadas poden consultar o resultado da súa solicitude a través da páxina web de Función Pública da Xunta de Galicia, introducindo o seu NIF e o código de impresión que figura na solicitude presentada.

Prazo para presentar recursos

Contra a resolución poderá interpoñerse un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Clica aquí para acceder á resolución.