CSIF, CCOO e UGT solicitan unha reunión para aplicar a xubilación anticipada dos bombeiros forestais en Galicia

CSIF, xunto a CCOO e UGT, vén de solicitar unha reunión urxente coas Consellerías de Facenda e Medio Rural para poñer en marcha todas as accións e modificacións que establece a normativa estatal, tras a publicación do Real Decreto 817/2025 no BOE o 17 de setembro, que entrou en vigor o día 18. Esta normativa modifica o R.D. 383/2008 e establece o coeficiente reductor da idade de xubilación para bombeiros e bombeiras forestais, facilitando que estes profesionais poidan acceder á xubilación ata cinco anos antes sen perda de ingresos.

O obxectivo da reunión é axilizar e facilitar ao máximo o exercicio do dereito de xubilación con aplicación de coeficientes redutores, en particular no que respecta ao recoñecemento dos códigos de ocupación (CNO) e á aplicación das cotizacións adicionais indicadas pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

CSIF, en declaracións ao Faro de Vigo, advirte que estas saídas deben contemplarse na OPE de 2025 para evitar a perda de efectivos clave na loita contra os incendios.

O novo marco normativo afectará inicialmente a uns 200 bombeiros forestais, e proxéctase que proximamente se sumen tamén os axentes forestais e ambientais, o que podería supor case 300 xubilacións este ano en Galicia. CSIF reclama tamén que os/as emisoristas poidan acceder a este recoñecemento, dado que o seu labor en vixilancia e prevención é esencial.

Dende CSIF valoran esta medida, que equipara aos bombeiros forestais co resto de bombeiros, recoñecendo así anos de reivindicación sindical e a importancia do seu labor na protección do medio e das persoas.

¡AGORA SI! Aprobado e publicado o decreto de coeficientes reductores para que os bombeiros e bombeiras forestais poidan xubilarse anticipadamente

Despois de todo o traballo realizado por CSIF, CCOO e UGT durante os últimos anos,
por fin entra en vigor a norma que permite xubilarse anticipadamente con coeficientes
redutores aos profesionais da prevención e extinción de incendios.

Seguir leyendo «¡AGORA SI! Aprobado e publicado o decreto de coeficientes reductores para que os bombeiros e bombeiras forestais poidan xubilarse anticipadamente»

DOG: Procesos extraordinarios de estabilización de la Ley 20/2021, mediante el sistema de concurso – oposicion

Hoy se publican en el DOG las resoluciones del tribunal de los procesos extraordinarios de estabilización de la Ley 20/2021, mediante el sistema de concurso – oposicion, por la que se hace pública las baremaciones definitivas de la fase de concurso de los procesos:

Seguir leyendo «DOG: Procesos extraordinarios de estabilización de la Ley 20/2021, mediante el sistema de concurso – oposicion»

Comisión de Seguimento Acordo do SPIF

A comisión de seguimento do “Acordo de condicións de traballo dos postos de persoal
funcionario do SPIF”, composta por dous membros de cada organización asinante e igual
número de membros por parte da Administración, alcanzou hoxe un consenso unánime
respecto á concreción das bandas horarias e rotacións resultantes da aplicación do acordo asinado.

Seguir leyendo «Comisión de Seguimento Acordo do SPIF»

Reunión sobre la modificación sustancial del contrato de los trabajadores discontinuos de 9 meses

Tras las alegaciones planteadas, se convocará una nueva reunión, previsiblemente el lunes, con el texto definitivo de acuerdo y resolución.

Seguir leyendo «Reunión sobre la modificación sustancial del contrato de los trabajadores discontinuos de 9 meses»