Vimos de ser convocados a una xuntanza da mesa xeral para o próximo luns 24 para tratar a proposta de decreto da Oferta de Emprego Público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2025.
Categoría: Mesa Xeral Empregados Públicos
Mesa Xeral 7 novembro: Proposta de modificación RPT Admon. Xeral e Especial
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Xeral o vindeiro venres 7 de novembro para abordar a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Adminstración Xeral e da Admisitración Especial da Comunidade Autónoma de Galiza.
Seguir leyendo «Mesa Xeral 7 novembro: Proposta de modificación RPT Admon. Xeral e Especial»
Actualización_Convocatoria Mesa Xeral e Comisión Persoal 16 outubro: Lei de Medidas e Proxecto de Orzamentos 26
Vimos de ser convocados a unha xuntanza de Mesa Xeral e Comisión de Persoal mañá xoves para abordar o Anteproxecto de lei de medidas e o de Orzamentos en materia de persoal para o vindeiro ano 2026. Fomos convocados sen a documentación pertinente, que se nos remitiu ás organizacións sindicais onte mércores e ao longo desta mañá do propio día da reunión.
Convocatoria Mesa Xeral e Sectorial 17 xullo: Carreira Profesional e complemento de desempeño
Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da Mesa Xeral e da Mesa Sectorial para o próximo xoves 17 para tratar as propostas de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, así como a proposta de acordo para convocar o procedemento de acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño para o persoal laboral e o acceso aos graos I, II e IIII do sistema extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario.
Mesa Xeral: convocatorias de distintos procesos selectivos para persoal do SPIF
Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da Mesa Xeral de empregados públicos para o próximo xoves día 12 para tratar as convocatorias de distintos procesos selectivos para persoal laboral do SPIF.
Seguir leyendo «Mesa Xeral: convocatorias de distintos procesos selectivos para persoal do SPIF»
CSIF demanda unha regulación máis inclusiva para o acceso de persoas con discapacidade e transparencia na cobertura de xefaturas en Sanidade
Damos conta, na seguinte nota informativa, dos asuntos abordados na reunión da Mesa Xeral celebrada o pasado luns e a posición de CSIF ao respecto: o anteproxecto de decreto sobre o acceso de persoas con discapacidade intelectual a postos na Xunta de Galicia e a proposta de modificación da RPT da Consellería de Sanidade-SERGAS no marco da nova estrutura organizativa e das disposicións da Lei de Orzamentos de Galicia.



