Convocatoria de formación continua da EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca actividades de formación continua e prazas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Seguir leyendo «Convocatoria de formación continua da EGAP»

Modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Acordo das Illas Atlánticas

A Consellería de Medio Ambiente vén de convocarnos a unha xuntanza o próximo luns sobre a modificación da RPT da dita consellería e a proposta de acordo pola que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal que desenvolve a súa actividade laboral no territorio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. 

Seguir leyendo «Modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Acordo das Illas Atlánticas»

Próxima publicación no DOG de listas admitidos no concurso: enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos e arquitectos técnicos

Función Pública acaba de comunicarnos que o vindeiro día 21 de febreiro, venres, publicarase do Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de febreiro de 2025 pola que se publica a listaxe de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

Seguir leyendo «Próxima publicación no DOG de listas admitidos no concurso: enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos e arquitectos técnicos»