Achégase borrador de “Proposta para a ampliación da lista de espera para o nomeamento de persoal funcionario interino do Corpo Superior da Administración do Parlamento de Galicia”para que efectúen as suxestións que consideren oportunas ata o venres 22 de marzo de 2024.
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos de funcionarización
Publicadas no DOG as Resolucións da Dirección Xeral da Función Pública polas que se aproban e fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira.
Bases da convocatoria de 4 prazas do corpo administrativo do Parlamento de Galicia
Poñemos ao voso dispor o borrador de “BASES DA CONVOCATORIA DE CATRO PRAZAS DO CORPO ADMINISTRATIVO DO PARLAMENTO DE GALICIA”, para que efectúedes as suxestións que consideredes oportunas no prazo de dez días hábiles (ata o 25 de marzo de 2024) .
Seguir leyendo «Bases da convocatoria de 4 prazas do corpo administrativo do Parlamento de Galicia»
Concurso de traslados de axentes forestais e ambientais: apertura de elección de postos e xustificación de méritos
Publicada no DOG de hoxe, 23 de febreiro, a resolución pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais.
Oposicións a Educación Infantil: o misterio continúa…
O pasado 29 de xaneiro convocouse o proceso selectivo para a especialidade de educación infantil e, a piques de rematar o prazo de inscrición, Función Pública aínda non aclarou quen poderá presentarse. Seguir leyendo «Oposicións a Educación Infantil: o misterio continúa…»





