Publicación listas provisionais admitidos e excluídos

Vimos de ser informados de que está prevista a publicación no DOG de mañá día 17 de xuño a relación provisional de admitidos e excluídos das seguintes listas: educador infantil, axentes de inspección (de mobilidade e vixilancia de estradas), escala técnico de laboratorio, escala técnica recursos naturais e forestais, especialidade capataz, escala técnica de mantemento de servizos, auxiliar de cociña, auxiliar de laboratorio, auxiliar de mantemento, auxiliar de recursos naturais e forestais, escala de gardas de recursos naturais.

Seguir leyendo «Publicación listas provisionais admitidos e excluídos» →

Relación Provisional do concurso para a provisión de postos vacantes da Admon.xeral de Galicia

Vimos de ser informados de que mañá día 13 de xuño publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguir leyendo «Relación Provisional do concurso para a provisión de postos vacantes da Admon.xeral de Galicia» →

Resolución de concursos: escalas de servizo de gardacostas e profesores e mestres de taller e axentes de extensión pesqueira

Vimos de ser informados de que no DOG de mañá venres 23 publicaránse as resolucións dos seguintes concursos:

Seguir leyendo «Resolución de concursos: escalas de servizo de gardacostas e profesores e mestres de taller e axentes de extensión pesqueira» →

Convocatoria do Fondo de Acción Social 2024

Publicada no DOG de hoxe a resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordea a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia pola que se autorizan os criterios de reparto e convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do 2024 relativos á axuda para atención de persoas con discapacidade.

Seguir leyendo «Convocatoria do Fondo de Acción Social 2024» →

Próxima publicación no DOG das resolucións de admitidos no Concurso de Traslados de Consumo

Función Pública  vén de comunicarnos que o vindeiro día 16 de abril , mércores, van publicarse do Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións:

  1. Resolución do 14 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.
  2. Resolución do 14 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.