A Axencia Galega de Innovación fainos chegar o documento do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a servizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasados», entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Economía e Industria.
Etiqueta: GAIN
Convocatoria Mesa Xeral e Sectorial: RPTs da Consellería de Cultura e Educación e da GAIN
Función Pública vén de convocarnos o próximo luns 12 á xuntanza de Mesa Xeral de Empregados Públicos e Mesa Sectorial de Funcionarios para abordar as RPTs da Consellería de Cultura e Educación e da Axencia Galega de Innovación (GAIN) respectivamente. Con carácter previo, haberá unha xuntanza previa o venres 9 sobre estes mesmos asuntos máis sobre Residencias de Política Social.
Proposta de modificación da RPT da GAIN
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) vén de convocarnos mañá mércores día 15 a unha xuntanza sobre a proposta de modificación da RPT da dita Axencia.


