Na reunión mantida o día de onte, 4 de maio de 2016, co Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) a fin de coñecer e valorar o Acordo marco para a viabilidade do Consorcio de I+B confírmasenos o mantemento do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O Consorcio de I+B xa non vai ser integrado na Axencia Galega de Servizos Sociais, pois seguirá a prestar os seus servizos como ata o de agora sendo a intención do goberno galego a súa potenciación cara ao futuro.
A espera do texto definitivo do Acordo, que será asinado a vindeira semana, dende CC.OO, CSI•F e UGT valoramos positivamente esta noticia porque despexa as incertezas creadas ata o de agora e permite iniciar a negociación dunhas novas listas de espera, dun acordo de mobilidade voluntaria, da aplicación do convenio único, así como afrontar dunha vez que se estableza unha maior garantía na estabilidade laboral do persoal temporal que está a prestar servizos no Consorcio de I+B.
Comunicado conxunto: COMUNICADO CSIF, CCOO E UGT. Consorcio. 03-04-16