NOVO ‘MACHETAZO’ DE FUNCIÓN PÚBLICA AOS FUNCIONARIOS PÚBLICOS
Cunha decisión ao máis puro estilo “chavista”, a Consellería de Facenda fulmina a carreira administrativa dos funcionarios da Xunta só para beneficiar a persoas concretas.
O fin da carreira administrativa:
No que pode calificarse como unha das decisións máis arbitrarias, irracionais e inxustas adoptadas polo goberno galego nestes últimos oito anos, o Director Xeral de Función Pública “decretou” que a antigüidade dun funcionario na Administración non ten preferencia nin se valora á hora de ser readscrito o outro posto con cambio de centro de traballo.
Nunha tensa Comisión de Persoal celebrada o pasado 3 de maio de 2016, abordamos, entre outros temas, cambios de adscricións de postos que implican cambios de centro de traballo. É dicir, unha mobilidade forzosa e encuberta, xustificada pola “racionalidade e optimización dos recursos humanos”. Todo elo no ámbito da Consellería de Educación e para persoal funcionario non docente.
Ante o rexeitamento de gran parte dos funcionarios a asumir ese cambio forzoso de centro, tanto CSI•F como CC.OO e UGT consideramos que, a falta doutro criterio previamente negociado, debería de primar á hora de elixir a preferencia do funcionario con maior antigüidade no corpo ou escala e non aquel que leva máis tempo ocupando un determinado posto de traballo, que é a proposta da Administración. En todo caso, tería que aplicarse por analoxía os criterios establecidos na Lei de Emprego Público para a reasignación de efectivos (art. 103)
A decisión de Función Pública supón na práctica que un funcionario que teña unha antigüidade de 20 anos no corpo ou escala e exerza o seu máis lexitimo dereito a concursar a outro posto de traballo noutra unidade administrativa vaise a atopar que outro funcionario desa nova unidade con 2 anos de antigüidade terá máis dereitos que el en casos de mobilidade forzosa.
O nepotismo ao máis puro estilo bolivariano:
A arbitrariedade é aínda de maior gravidade porque esta decisión adoptada en contra da maioría sindical e que racha coa esencia da carreira administrativa ten como único obxectivo favorecer a un/a funcionario/a en concreto. De feito, foi o propio Director Xeral de Función Pública quen non dubidou en afirmar que o criterio que agora impoñía podería mudalo en sucesivas ocasións. É dicir, pública e implicitamente recoñeceu que as pautas en materia de Función Pública varían en función de que beneficien ou non a unha persoa en concreto aínda que con elo se prexudique ao resto do colectivo.
Fundamento dos criterios de Función Pública:
Para argumentar a mobilidade forzosa por vía da modificación de prazas a centros de traballo distintos aos obtidos por concurso, Función Pública segue os mesmos criterios que os establecidos pola xurisprudencia para amortizar prazas de persoal laboral temporal, o que amosa claramente o baixo concepto que se ten do funcionario de carreira e da propia carreira administrativa.
A decisión política:
Se ben é o Director Xeral de Función Pública quen preside á Comisión de Persoal, faino en representación e por delegación do propio responsable de Facenda, o que significa que esta decisión arbitraria e cun fin meramente nepotista ou ben parte do Conselleiro ou é avalada por el, aínda que é instrumentalizada polo Director Xeral de Función Pública.