Os axentes forestais denuncian que o dispositivo non está preparado para unha campaña de lumes complicada

Servizo contra o lumeA PIQUES DE CUMPLIR 10 ANOS DA FATÍDICA CAMPAÑA DO 2006 onde os incendios forestais arrasaron os montes galegos, os Axentes Medioambientais anuncian unha campaña de verán complicada.

Estes profesionais afirman que o dispositivo non está preparado para afrontar unha vaga de incendios forestais como os que se viviron nese triste verán. No lugar de profesionalizar o dispositivo único e público, volven a denunciar que se atopan no monte con empresas privadas, brigadas municipais, empresas semipúblicas, Protección Civil, militares, Bombeiros profesionais, etc…, todos eles baixo a responsabilidade dos Axentes Medioambientais nos incendios forestais.

Todo este abano con diferentes medios fan pensar que a Xunta de Galicia está derivando a súas responsabilidades cara ás empresas privadas e outras administracións públicas, e descargando a extinción dos lumes en medios alleos á Administración galega, como é o caso da UME.

O anuncio dunha campaña complicada está avalada pola ampla experiencia dos Axentes Medioambientais, xa que son os que dirixen a extinción do 99% dos lumes de Galicia. Condicións climatolóxicas adversas, vento forte do nordés e previsións de bo tempo fan que en pleno mes de maio se produzan incendios coma os acontecidos neste fin de semana pasado. Lumes coma o do concello coruñés de Negreira que debido ás circunstancias climatolóxicas antes anunciadas propiciou que superara as 50 has.

Ademais diste sucedéronse nesa mesma fin de semana lumes de menor importancia, coma foi o caso dos ocorridos nos concellos coruñeses de Lousame, Santiago e Cedeira e nos concellos pontevedreses de A Cañiza e Covelo.

Estes lumes amosan a alta actividade incendiaria que se ben dando asociada ao bo tempo. Os Axentes Medioambientais pídenlle ao Goberno autonómico que aumente o número de efectivos para poder afrontar unha previsible campaña complicada, unha volta cara a un modelo público e profesional de extinción, así como unha suficiente e operativa dotación de medios. Recordan que o dispositivo contraincendios está mermado, piden que cubran as xubilacións e as baixas do persoal laboral e funcionario do SPDCIF, que é o que soporta o maior número de incendios de toda a península, especialmente o caso da provincia de Ourense.

Os Axentes Medioambientais pídenlle a cidadanía que denuncie a actividade incendiaria.

Nota de prensa Nota conxunta CSIF, CCOO, UGT, CIG e FSP