Os socialistas piden contas ao Goberno Galego e o Grupo Mixto solicita que se cre á figura do ‘observador da legalide’ que xa pediu o sindicato independente.
- CSI-F denuncia que, desde que se fixeron públicas as sentenzas, Facenda paralizou de novo as negociacións para fixar as instrucións dos procesos selectivos.
O PSdeG, a través da súa deputada responsable de Función Pública, Noela Blanco, e o Grupo Mixto, coa súa deputada Carmen Iglesias á fronte, fixéronse eco no Parlamento das sentenzas xudiciais que denunciou e fixo públicas CSI-F Galicia nas que se constata que a Xunta actúa con total discrecionalidade nos tribunais de oposicións e nas que se evidencia unha total falta de control e arbitrariedade. As sentenzas, tanto do TSXG como do Tribunal Supremo, argumentan que “a actividade do tribunal (de selección) escapa a todo tipo de control, mesmo en vía xurisdiccional”.
Antes estas situación, CSI-F reclamou, entre outras medidas, a creación da figura sindical do “observador da legalidade”, que non formaría parte dos tribunais de selección pero participaría con voz, e sen voto, no tipo de probas e, sobre todo, no control da avaliación. Esta figura xa está implantada noutras Administracións para garantir a legalidade e o bo desenvolvemento dos procesos.
CSI-F sostén, ademáis, que desde que fixo públicas estas sentenzas, a Consellería de Facenda volveu paralizar ás negociacións para fixar as instrucións para os procesos selectivos, que se acaban de retomar despois da primeira paralización en 2010. “Polo que se ve a Xunta non ten ningún tipo de interese en que os procesos selectivos sexan transparentes e baseados en criterios obxectivos”, asevera, e lembra que o compromiso de Función Pública era aplicalos na OPE deste ano.
Pregunta oral do PSdeG
A deputada socialista, que presentou unha pregunta oral no Parlamento para coñecer que medidas pensa adoptar á Xunta para dar resposta a estas setenzas e para evitar ás arbitrariedades, critica que o Goberno galego aluda a “casos illados” cando, puntualizou, “basta que exista un só opositor indefenso diante dun recurso e que vulneren os principios de mérito e capacidade para que este Grupo Parlamentario amose a máxima preocupación”.
- Pregunta do PSdeG: Pregunta oposicións PSdeG
Proposta Grupo Mixto
Pola súa parte, o Grupo Mixto rexistrou unha Proposición non de lei para o seu debate coas seguintes propostas:
-Extremar as garantías de mérito, capacidade e imparcialidade que eviten a indefensión dos opositores nos procesos selectivos das ofertas de emprego público dependentes da Xunta de Galicia, articulando mecanismos que eviten sospeitas de falta de obxectividade, transparencia e limpeza dos procesos selectivos.
-A implantar a figura do “observador da legalidade” nomeado polas organizacións sindicais máis representativas na Función Pública galega en todos os procedementos da oferta de emprego público dependentes da Xunta de Galicia. Esta figura non formaría parte dos tribunais de selección (feito que non permite o EBEP). A súa labor sería de vixilancia en todas as probas e, sobre todo , no control da avaliación do proceso selectivo, con voz pero sen voto, pudendo solicitar a anulación do mesmo e presentar os recursos que considere.
- Proposta Grupo Mixto: Proposta oposicións Grupo Mixto
Nota CSI-F: Nota Oposicións CSI-F Parlamento