«A Xunta oculta á poboación os riscos para a saúde nos casos de auga non apta para o consumo»

Anuncio folga do servizo dos FISP
Representantes de CSI-F, CIG, CCOO e UGT 

Radio Voz entrevista a Manuel Piñeiro, delegado de CSI-F, sobre o anuncio e os motivos da folga que o colectivo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP) anunciou para o 18 de maio. Denuncian que a Consellería Sanidade pon en risco a saúde dos galegos ao recortar tanto o persoal, un 38% , como o material destinado a este servizo.

Manuel Piñeiro (CSI-F): «Só nos queda ir á folga e dar a alarma da grave situación para a cidadanía»

Datas da folga convocada por CSI-F, CCOO, UGT e CIG 

A partir do día 18 deste mes de maio, ás 00.00 horas, e desenvolverase todos os luns, martes e mércores de todas as semanas de xeito indefinido.

Os motivos:

Reivindicar unha maior responsabilidade sanitaria que evite riscos á poboación galega pola redución do personal e da perioricidade no número de inspeccións. O servizo está cuberto por 62 profesionais para toda Galicia cando en 2006 contaba con 100 prazas, é dicir, reducíronse un 38%. Só o número de establecementos a revisar ascende a 9.000.

Hai que resaltar que malia ser obligatorio, a maioría das situacións de risco para a saúde non son comunicadas á poboación. Así, é habitual que a cidadanía descoñeza a existencia de abastecementos que suministran ‘auga non apta para o consumo’, piscinas que incumplen os parámetros de calidade do auga, zonas de baño contaminadas sen ningún tipo de señalización nin vixilancia, colexios, guarderías, balnearios e termas públicas sen control sanitario, velorios e tanatorios ‘ilegais’, casos de legionelosis, e infinidade de fontes públicas e traídas vecinales que non están sometidas a ningún tipo de análise nin control.

Antecedentes: 

A protesta dos FISP en 2015 ante a Consellería de Sanidade tras as importantes alertas ambientais xurdidas este verán en Galicia (auga de Ferrol e legionella en Lugo), e máis recientemente a intoxicación de máis dun centenar de persoas de dous clubs de baloncesto no Salnés. Sanidade lonxe de mellorar a situación reduce máis a perioricidade no número de inspeccións a realizar.

O traballo dos FISP para velar pola vixilancia da saúde pública ambiental, céntrase en:

  • Auga de abastecementos: municipais, propios e veciñais, asegurando a calidade do auga que beben todos os cidadáns.
  • Praias, asegurando a calidade do auga do baño (programa europeo).
  • Piscinas, spas, jacuzzis e inspeccións nos sistemas de auga quente sanitaria de hoteis, gimnasios, piscinas, hospitais, residencias da 3ª idade e torres de refrigeración ou condensadores evaporativos en industrias, centros comerciais…, para poder controlar a legionella.
  • Centros de tatuaxe, piercing e micropigmentación, para asegurar que se realizan con tintas autorizadas e que os tatuadores teñan a formación e vacunación adecuada, velando pola saúde dos cidadáns que requiren estes servizos (moi de moda entre a poboación máis nova).
  • Vixilancia en albergues do Camiño de Santiago, que cada vez son elixidos por un maior número de peregrinos todo o ano.
  • Control de biocidas, produtos químicos, que se utilizan en piscinas, tratamentos de DDD…para asegurar que non só se utilizan produtos autorizados polo Ministerio senón que as empresas os empregan nas condicións adecuadas.
  • Denuncias que presentan os cidadáns (tabaco, chinches, condicións de insalubridade…).

 

Categorías Sin categoríaEtiquetas