Reunión na AGASP: Formación dos Axentes Medioambientais e Forestais

forest-fire-432870_960_720CSI•F avoga por cursos para os axentes forestais/medioambientais e por un plan xeral de formación que abranga e inclúa a todo o persoal da Xunta que participe nos diferentes operativos de emerxencias.

O pasado mércores, día 11, reunímonos co Director e Secretario Xeral da AGASP e mailo Subdirector do SPDCIF da Medio Rural para abordar a posibilidade de que sexa a propia AGASP a entidade que se encargue de impartir formación específica e especializada aos axentes forestais e medioambientais da Xunta.

Neste senso, dende CSI•F, xa remitíramos un plan formativo específico para os referidos axentes que incluían cursos dende investigación de causas de incendios forestais ata cursos de redacción de actas, entre máis de 50 actividades formativas propostas.

Non obstante, e maila esta proposta especializada para os axentes medioambientais e forestais, dende CSI•F tamén propuxemos a necesidade de incluír aos diversos empregados públicos da Xunta que participen en operativos de emerxencias (e máis concretamente en incendios e lumes forestais) nos cursos de formación da AGASP.

En todo caso, dende CSI•F, opuxémonos rotundamente a que a formación que se imparta aos empregados públicos da Xunta fose a través de empresas privadas, xa que dispoñemos das nosas propias escolas públicas para cada un dos ámbitos de formación esixidos (Egap, Agasp, Acis ou os CAFI e CFRs), motivo polo que esiximos que sexa a AGASP a que imparta a formación propia do persoal da Xunta dos diversos operativos de emerxencias.

Preme aquí para continuar lendo