Dado o número de solicitudes recibidas preguntando pola previsión das datas dos exames de procesos selectivos da Xunta de Galicia, no día de hoxe (13 de maio), na reunión que mantivemos respecto da negociación do Decreto de Listas de contratación, os representantes de CSI•F instamos ao Director de Función Pública a que nos facilitase as datas previstas para a realización dos exercicios correspondentes a quenda de acceso libre e a previsión para o segundo exercicio da promoción interna.
Así, o director da Función Pública comunícanos que aínda non pode facilitar información concreta ao respecto, agás a afirmación de que os exames do primeiro exercicio para a quenda de acceso libre serán antes do mes de agosto.
Lamentamos non poder trasladarvos información máis concreta e detallada, pero seguiremos insistindo para que Función Pública facilite unha previsión/cronograma de todos os procesos selectivos pendentes así como dos diferentes procesos de provisión.