PROPOSTA DE ACORDO DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PUBLICA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CIG, CCOO, CSIF e UGT SOBRE O CRONOGRAMA DA EFECTIVIDADE DA NOVA ESCALA DE AXENTES MEDIOAMBIENTAIS (GRUPO B)
1.TRABALLOS PREPARATORIOS
O punto de inicio é o completar os expedientes personais dos afectados para coñecer os que posúen a titulación de técnico superior en Xestión forestal e do medio natural, ou equivalente e os que non a posúen. Sobre estes últimos é preciso ter información sobre a titulación, os cursos realizados e a experiencia que poidan servir para a programación dos módulos a deseñar pola administración educativa coa finalidade que se persegue que é a de que poidan acadar a Titulación de Técnico Superior citada. Para conseguila mesmo é necesario, nalgúns supostos, a titulación ou proba que permita ter o requisitos para poder matricularse no ciclo superior.
O día 30 de marzo de 2016 publicouse a resolución da Dirección Xeral da Función Pública concedendo un prazo de trinta días naturais para presentar polos interesados a documentación pertinente segundo se establece nos seus anexos, para saber en que situación se atopa cada un dos afectados segundo o sinalado no parágrafo primeiro.
Unha vez recibida a documentación a mesma estase integrando no expediente electrónico dos afectados, escaneando incluso os distintos documentos aportados. No mes de xuño pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria farase un estudo dos funcionarios que non teñen o título de técnico superior citado para ver os itinerarios profesionais, ata poder acceder á titulación de técnico superior.
Durante todo este proceso informarase aos empregados dos itinerarios a seguir por cada un deles para acadar a titulación.
2.-CURSO PARA A OBTENCIÓN DA TITULACIÓN DE TÉCNICO SUPERIOR EN XESTION FORESTAL E DO MEDIO NATURAL OU EQUIVALENTE
Unha vez realizadas os traballos de estudio do expediente persoal iniciariase o Curso para a obtención do título de Técnico Superior en Xestión Mediambiental.
Este se desenvolverá agrupando persoas nos ámbitos que se estableza pola administración educativa xunto coas ConsellerÍas de destino deste persoal. A participación do empregado sempre será voluntaria e polo tanto, a realización do mesmo non leva aparelladado o aboamento de ningunha compensación nin axuda de custo por parte da administración e tampouco pode supor unha merma na prestación do servizo por parte dos empregados que o desenvolvan.
3.-OPE DA PROMOCIÓN INTERNA
Unha vez que o 50% dos persoal posúa a titulación necesaria, previa negociación coas organizacións sindicais, incluiráse o número de plazas dos que posúan a titulación necesaria, máis unha previsión dos que en xuño dese ano poderían dispor dela para poder convocar o oportuno proceso de promoción interna.
4.-REGULAMENTO DE FUNCIÓNS
Negociarase o regulamento da nova escala polas Consellerías afectadas mailas Organizacións Sindicais con representación na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, a devandita actuación será coordinada pola Dirección Xeral da Función Pública.
Este regulamento terá que publicarse antes da modificación das RPTs nas que se inclúan os postos da escala de Axentes Mediambientais.
5.-PROCESO SELECTIVO
Convocarase no último trimestre, previa negociación coas Organizacións Sindicais, o concurso oposición para a promoción interna para o acceso a escala de Axentes Mediambientais do ano en que as novas prazas do grupo B se inclúan en oferta pública de emprego.
6.-MODIFICACIÓN DAS RPTs
Unha vez finalizado o proceso de integración e -como mínimo- cos postos dos empregados que o superen modificaranse as RPTs das Consellerías afectadas para posibilitar o pase do persoal que teña superado o proceso ao novo Grupo B. Ademais declararánse a extinguir os postos que queden na antiga escala do Grupo C1.
7.-TOMAS DE POSESIÓN E PASE A NOVA ESCALA DE AXENTES MEDIOAMBIENTAIS.
As tomas de posesión realizaranse unha vez rematado o establecido no apartado anterior.
8.-O presente acordo será publicado no Diario Oficial de Galicia