CSI-F denuncia a discriminación do persoal laboral que traballa a quendas

CSIF informaResumen da 2ª xuntanza da comisión de seguimento sobre a aplicación das instrucións de vacacións, permisos e licenzas do persoal ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (6/06/2016).

Tratáronse os seguintes asuntos:

O Director Xeral da Función Publica infórmanos da publicación do horario de verán.

1.- Aclaración do valor das “X” ou “H” nos cuadrantes das conselleiras de Política Social e Medio Rural aos efectos das solicitudes das vacacións do persoal das citadas conselleiras.

O Director Xeral da Función Pública manifesta que se consideran como días hábiles (días de traballo) para a solicitude de vacacións e permisos.

2.- Aclaración dos días 24 e 31 de decembro como dous días máis de asuntos propios para todo o persoal da Administración autonómica.

O Director Xeral da Función Pública manifesta que o persoal a quendas non poderá desfrutar de dous días máis de asuntos propios xa que van incluídos nas “X” que aparecen nas carteleiras dos traballadores/as.

3.- Días por falecemento dun familiar no estranxeiro.

Función Pública da dúas opcións: coller os días seguidos ao feito causante ou collelos cando chegue do estranxeiro o cadáver do falecido/a.

4.-Días hábiles e inhábiles para computo de vacacións dos Axentes Forestais.

Función Pública considera como días inhábiles os dous días de descanso semanal obrigatorio.

Dende CSI-F manifestámoslle ao Director Xeral da Función Pública que nos parece unha absoluta discriminación o que esta a sufrir o persoal laboral da Xunta de Galicia que traballa a quendas respecto ao resto do persoal da Administración autonómica.

Consideramos un maltrato laboral o que reiteradamente segue sufrindo dito persoal, consentido pola Dirección Xeral da Función Publica e por extensión polos gobernantes do Partido Popular. Por iso, non nos queda outra opción que xudicializar esta discriminación. Ante a falta total de diálogo e a imposición de estas medidas, vemos como única opción levar a XUNTA DE GALICIA DE NOVO AOS TRIBUNAIS.

Dende CSI-F solicitamos a Administración as actas das reunións para poder ter por escrito ditas resolucións e tomar as medidas legais que consideremos oportunas na defensa dos dereitos dos traballadores/as da Xunta de Galicia.