A instancia da CSI•F, e tras varias reunións mantidas cos responsables do PMX, no día de hoxe acadouse un acordo para que os condutores do parque móbil xeral da Xunta poidan percibir a retribución correspondente ás horas extraordinarias en vez da súa compensación por tempo.
Este acordo farase efectivo a partir do vindeiro 28 de xullo de 2016.