A Xunta devolverá en agosto os restos das pagas extras de 2012 e 2013

NEWSDEVOLVERÁ O ÚLTIMO 25% PENDENTE DA PAGA EXTRA DO 2012 E A PARTE PROPORCIONAL DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO OU PAGA EQUIVALENTE CORRESPONDENTE OS MESES DE ENERO E FEBREIRO DO 2013.

A pesares do manifestado na Mesa Xeral de onte polo Director Xeral de Función Pública respecto a que non tiña información acerca do abono das pagas extraordinarias de 2012 e 2013, CSI•F puido confirmar a primeira hora desta mañá que na nómina de agosto serán aboadas ditas pagas extras nun pago único.

Se ben a devolución da parte da extra de decembro de 2012 foi decretado polo goberno de España, a parte correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2013 obedece ao acordo acadado entre a Xunta de Galicia e as centrais sindicais CSI•F, CCOO e UGT o pasado 2 de xuño de 2016.

Nun principio as previsións da Consellería de Facenda eran a de aboar a paga de 2012 na nómina de setembro e a de 2013 nos meses posteriores, pero o adianto das eleccións fai que o goberno galego modifique ditas previsións e faga efectivo o aboamento conxunto na nómina de agosto. Este cambio de previsións e pago conxunto nunha única nómina ven a corroborar o peso que os empregados públicos temos á hora de depositar o noso voto en furnas.

Valoracións da CSI•F:

Dende a CSI•F, aínda que valoramos positivamente esta devolución, consideramos que non é suficiente, toda vez que queda por recuperar moitos dereitos laborais e acordos retributivos suspendidos polo goberno da Xunta, tanto no ámbito do SERGAS, XUSTIZA, ENSINO, UNIVERSIDADES, como no da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.

Do mesmo xeito, dende a CSI•F seguiremos a esixir a este goberno ata a mesma véspera do proceso electoral os acordos pendentes relativos, entre outros, ao persoal do SPDCIF, FISP, AXI, así como a equiparación laboral e salarial do persoal do Consorcio de I+B, etc.

O adiantamento da devolución das pagas extra de 2012 e 2013 así como o seu pagamento nunha única nómina ven de demostrar a importancia e o peso que os empregados públicos temos a hora de poñer e quitar goberno. E imos facer uso da nos forza.

En Galicia os empregados públicos xa amosamos con creces a nosa capacidade de sacrificio e solidaridade nos tempos difíciles. Pero tamén somos capaces de amosar con creces a nosa capacidade de esixir o que nos corresponde por dereito propio cando chega o momento.