Modelo de solicitude de pagamento das pagas extraordinarias de 2013

Extra 2013MODELO PARA A SOLICITUDE DE PAGAMENTO DOS IMPORTES DEIXADOS DE PERCIBIR POLO PERÍODO 01 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO DE 2013 SEGUNDO A LEI 2/2013 DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA ANO 2013.

SOLICITUDE DE PAGAMENTO DAS CANTIDADES EN CONCEPTO DE RECUPERACIÓN DOS IMPORTES EFECTIVAMENTE DEIXADOS DE PERCIBIR DE ACORDO COA LEI 2/2013, DO 27 DE FEBREIRO, DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2013, NA PARTE PROPORCIONAL AO TEMPO DE SERVIZOS PRESTADOS NO PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 1 DE XANEIRO E O 28 DE FEBREIRO DE 2013 PARA O PERSOAL QUE NON ESTEA EN SITUACIÓN DE SERVIZO ACTIVO.

Os importes derivados da retribución de carácter extraordinario establecida no artigo único da Lei 7/2016 e o importe pendente de percibir consonte a retribución establecida na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015. Sinalar ao respeito que:

  1. NON NECESITAN SOLICITAR DITA DEVOLUCIÓN PROPORCIONAL

Aqueles empregados públicos que continúen prestando servizo activo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, porque percibirían a devolución parcial da paga extra de decembro de 2013 na nómina de setembro sen necesidade de realizar trámite algún.

  1. SÍ NECESITARÍAN SOLICITAR A DEVOLUCIÓN PROPORCIONAL

Sen embargo, e de conformidade co establecido no Anuncio do 3 de Agosto do 2016 , aqueles empregados públicos que non se encontren actualmente en situación de servizo activo ou asimilado, que perdesen a condición de empregado público, deberán presentar a oportuna solicitude ante o órgano de xestión de persoal correspondente.

Nota (casos de falecemento): Se o persoal afectado pola supresión falecese á entrada en vigor desta disposición, a petición a que se refire o parágrafo anterior deberá formularse polos seus herdeiros conforme ao dereito civil.

Modelo para solicitar a devolución da parte proporcional das cantidades deixadas de percibir no 2013: