ÚLTIMA HORA. Anuncio da Dirección Xeral de Función Pública na Comisión de Persoal de hoxe:
Entre hoxe e mañá nos farán chegar ás forzas sindicais
un borrador do acordo para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Aplicación do V Convenio.
- Integración do persoal fixo e temporal como persoal da Xunta de Galicia.
- Establecemento dun calendario para a equiparación salarial.
A pretensión de Función Pública é pechar este acordo cos sindicatos na primeira quincena do mes de setembro.