Proposta de Acordo de Integración do persoal do Consorcio de I+B

ConsorcioPROPOSTA DE ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS…………..DE INTEGRACIÓN DO PERSOAL DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR NO CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar é unha entidade de dereito público de carácter interadministrativo creado en virtude do convenio de colaboración subscrito o día 3 de xullo de 2006 e publicado no Diario Oficial de Galicia o 7 de xullo de 2006, por Resolución do 4 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais.

A Axencia Galega de Servizos Sociais creada en virtude do Decreto 40/2014, do 20 de marzo, ao abeiro do previsto no artigo 34 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia é, segundo o artigo 1º dos seus Estatutos (DOG núm.66, do 4 de abril de 2014), é unha entidade pública instrumental, dotada de personalidade xurídica propia diferenciada respecto da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que poderá estar integrada por persoal de funcionario e/ou laboral da Xunta de Galicia ou estatutario.

O persoal laboral fixo do consorcio poderá optar a integrarse a través do Decreto 129/2012 como laboral fixo da Xunta de Galicia. Esta integración, con os efectos económicos establecidos nas disposicións transitorias primeira e segunda do mencionado decreto, servirá para a novación contractual e actualización das retribución do persoal laboral temporal parella ao persoal laboral fixo integrado.

En definitiva, as modificacións propostas o que farán e que todo o persoal laboral temporal do Consorcio, sexa persoal da Xunta de Galicia; e que todo aquel persoal laboral fixo que opte pola integración como persoal da Xunta de Galicia e cumpra os requisitos do Decreto 129/2012, será tamén persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
ACORDAN:

PRIMEIRO.- MODIFICACIÓN DO V CONVENIO.
As partes se comprometen a unha modificación do V convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia que ten por obxecto a inclusión no anexo de categorías do mesmo aquelas do persoal do Consorcio que non existan no V convenio; sinaladamente incluiranse as seguintes categorías:
Xerocultor/auxiliar xerocultor.
PSX. Persoal de Servicios Xerais.

SEGUNDO.- MODIFICACIÓN DO DECRETO DE LISTAS.
As partes se comprometen a unha modificación do Decreto 37/2006, de 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia para que se proceda a aplicar o réxime do decreto na contratación do persoal do Consorcio.

TERCERO.- MODIFICACIÓN DO DECRETO DE INTEGRACIÓN 129/2012.
As partes asinantes para a axilidade do proceso e a consecución dos obxectivos perseguidos polo presente acordo se comprometen a facer todas as modificacións necesarias no Decreto de integración 129/2012.

CUARTO.- INTEGRACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO DO CONSORCIO.
O persoal laboral fixo do consorcio poderase integrar voluntariamente como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia de acordo co Decreto 129/2012, de 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción.

QUINTO.- INTEGRACIÓN DO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONSORCIO.
A integración do persoal temporal faráse despois da publicación da correspondente orde, como persoal laboral da Xunta de Galicia. Así o persoal laboral temporal do consorcio pasará a ser persoal laboral temporal da Xunta de Galicia nos mesmos postos de traballo para os que foron seleccionados. A dita novación contractual leva aparellada a súa equiparación retributiva nas mesmas contías anuais que o persoal laboral fixo que se teña integrado, conforme co disposto nas disposicións transitorias primeira e segunda do Decreto 129/2012.

SEXTO.- RELACIÓNS DE POSTOS DE TRABALLO.
Procederase á elaboración da relación de postos de traballo do persoal do Consorcio aos efectos da súa integración no Rexistro Central de Persoal dependente da dirección xeral de Función Pública.

SEPTIMO.- PROCESOS SELECTIVOS.
A Xunta de Galicia se compromete a realizar os procesos selectivos oportunos para a cobertura dos postos de traballo con carácter definitivo, segundo o permita a lexislación sobre oferta de emprego público.

OCTAVO.-DEPÓSITO E PUBLICACIÓN NO DIARIO OFICIAL DE GALCIA.
Facultase a persoa que se designe pola dirección xeral da Función Pública para a tramitación do presente instrumento ante a autoridade laboral aos efectos de depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia.

NOVENO.- COMISIÓN DE PERSOAL.
Darase conta á Comisión de Persoal da Xunta de Galicia da sinatura e contido do presente documento.

Santiago de Compostela, setembro de 2016