CSI-F Galicia impartiu cursos pioneiros de defensa persoal para aprender a actuar ante situacións de violencia laboral

Curso Defensa Personal. Carol Moldes, delegada PRLCSI-F Galicia impartiu nas catro provincias da comunidade autónoma cursos pioneiros de defensa persoal para traballadores da Administración para que aprendan como actuar ante situacións de violencia laboral.

Curso Defensa PersonalCon estas clases teóricas e prácticas, a cargo de instrutores da Policía Nacional, CSI-F pretende dar a coñecer aos traballadores mecanismos que lles permitan manter o autocontrol ante situacións de agresividade, verbal e/ou física, sempre baixo a premisa de que a mellor protección é evitar que se produza a agresión, así como coñecementos e técnicas para defenderse das condutas agresivas se estas van a máis. No curso explicáronse, ademais, os protocolos de actuación ante os diferentes tipos de violencia (fase previa á agresión, actuación ante a agresión e que facer despois da agresión).

A acción formativa está enfocada a todos os ámbitos laborais, en especial aos traballadores da Administración xa que non hai que esquecer que en España, en 2015, se rexistraron 539 casos de ameazas e agresións sobre os empregados públicos, das cales 78 casos foron con violencia física. Isto supón que cada catro día se produce un ataque físico (golpe, empuxón, zarandeo…). Con todo, moitas das agresións, en especial verbais e de intimidación, non se chegan a denunciar.

En Galicia, os puntos máis conflitivos foron os ámbitos de Sanidade, os servizos públicos de empregos e Institucións Penais.

Reportaxes sobre o curso nas medios de comunicación